A inscrición no Circuíto é gratuita en calquera das súas modalidades. Enderezo electrónico para inscricións ou consultas:
Prazo de inscrición: Para repetir inscrición cos mesmos datos da tempada pasada: resposta neste tema do foro ou envíanos un email co asunto "O teu nick + repito inscrición".
Se queres cambiar de nick envía "Nick antigo + repito inscrición + novo nick".
Novas inscricións: envía un email co asunto "Nova inscrición" e os seguintes datos:
Nick | O teu apodo para as clasificacións |
Nome | O teu nome real |
Apelidos | Os teus apelidos |
Permiso de publicación | SI / NON |
Data de nacemento | Día, mes e ano |
Categoría | Masculina ou feminina |
Idioma | GALEGO / ESPAÑOL |
Localidade | Lugar de residencia ou nacemento |
Provincia | Provincia de residencia ou nacemento |
Para contactar | |
Teléfono | Para contactar |
Non se admitirán inscricións se falta algún dato. Con esta inscrición xa podes participar no Circuíto de Ruta e no Circuíto de Montaña segundo sexan as túas preferencias. Sumas puntos para un ou outro dependendo se a proba é ou non de montaña.
Sobre o permiso de publicación as dúas opcións son:
Prazo de inscrición: do 2 de setembro ao 14 de outubro de 2012.
Se queres sumar puntos xunto a un amigo ou amiga para a clasificación por parellas do Circuíto de Ruta, os dous tedes que enviar un correo cos vosos nicks ao noso email. Hai clasificación de parellas conxunta e unha clasificación de parellas mixtas (home + muller).
Tamén podedes deixar unha mensaxe neste tema do foro: Inscribir unha parella
Prazo de inscrición: do 2 de setembro ao 14 de outubro de 2012.
Os equipos do Circuíto de Ruta estarán formados por 6 corredores (1 capitán + 5 compoñentes) e poden ser mixtos. Para conservar a división e o nome do ano anterior é preciso que repitan alomenos 3 dos antigos compoñentes. Para a clasifiación colleranse as 5 mellores puntuacións en cada momento da tempada.
O capitán deberá enviar os nicks que conforman o equipo ao noso correo electrónico.
Tamén pode apuntar ao equipo neste tema do foro: Inscribir un equipo
Moitas grazas por participar, disfrutade das carreiras e benvidos á competición.
Circuito Correr en Galicia 2012-13