
Regulamento xeral
Bases do Circuíto Galego de Carreiras Populares 2011-12
REGULAMENTO XERAL.
O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2011-2012 (en adiante, o Circuíto) é unha competición aberta a tódolos corredores populares. Cada participante suma puntos nas carreiras populares que estean incluídas no Circuíto. Ademais das carreiras organizadas en Galicia, entrarán 3 probas invitadas de fóra da comunidade.
-
COMO FUNCIONA.
Para sumar puntos, só tes que inscribirte no Circuíto en categoría individual e logo en cada carreira puntuable na que vaias participar.
A semana seguinte de cada carreira na que participes e unha vez que a organización facilite os resultados oficiais, só tes que ir á sección Enviar posto e indicar o teu nick, o nome da carreira e o teu posto de chegada para saber os puntos que conseguiches. Estes datos serán validados e confirmados pola organización antes de seren dados como definitivos.
Podes enviar un máximo de 40 resultados ao longo da tempada.
-
DURACIÓN.
O Circuíto 2010-2011 dura 10 meses, dende o primeiro fin de semana de SETEMBRO de 2011 ata a derradeira fin de semana de XUÑO de 2012.
-
PARTICIPACIÓN.
Os únicos requisitos para participar no Circuíto 2011-2012 son ter cumpridos os 18 anos o 1 de setembro de 2011 e unha conta de correo electrónico ou teléfono de contacto.
-
INSCRICIÓN.
A inscrición é gratuíta. O prazo de inscrición remata o 14 de outubro de 2011, unha vez finalizado o prazo non se admitirán máis inscricións en ningunha das modalidades.
Toda a información para inscribirte a tes na sección Inscricións.
-
CARREIRAS E PUNTUACIÓN.
Puntúan todas as carreiras organizadas en Galicia que o soliciten + 3 invitadas de fora da comunidade.
O prazo para confirmar a inscrición dunha carreira remata 7 días antes da celebración da mesma sempre que o periodo de inscrición aínda esté aberto e queden prazas libres.
Probas puntuables no Calendario de carreiras (Actualízase a medida que se vaian confirmando a organización das probas)
Requisitos para incluir unha proba no Circuíto: Organizadores carreiras
Sistema de puntuación: Como puntúan as carreiras
-
TIPOS DE COMPETICIÓN.
-
Individual.
Podes sumar puntos en cada carreira puntuable. En base á clasificación en tempadas anteriores haberá 3 divisións con clasificacións conxunta, masculina e feminina.
1ª División
Estará composta por 150 corredores: os 120 primeiros da primeira división na tempada 2010-11 + os 30 primeiros da segunda divisón.
Descenso: 30 últimos
2ª División
Estará composta por 150 corredores: os 90 da segunda división na tempada 2010-11 que non conseguiran o ascenso a primeira + os 30 descendidos da primeira + os 30 ascendidos da terceira.
Ascenso: 30 primeiros
Descenso: 30 últimos
3ª División
Corredores que non conseguiron o ascenso á segunda división + os 30 descendidos da segunda + as novas inscricións.
Ascenso: 80 primeiros
(a segunda división da tempada 2012-13 terá 200 corredores).
-
Por parellas.
Podes inscribirte xunto cun amigo para sumar os vosos puntos nunha clasificación por parellas.
-
Por equipos.
Formados por 5 corredores (un deles será o capitán) que suman os seus puntos para a clasificación por equipos. Non é preciso que os atletas do equipo puntúen na mesma carreira á vez. En caso de empate entre equipos, gañará o que conte co capitán con máis puntos.
Equipos - 1ª División
Formada por 20 equipos: os 15 primeiros na tempada anterior máis os 5 ascendidos da segunda división.
Para ser considerado o mesmo equipo e poder usar o nome teñen que repetir alomenos 3 dos membros do ano anterior.
En caso de non repetir inscrición algún equipo de primeira, o seu posto sería ocupado polo 6º, 7º, 8º... clasificado da segunda división da anterior tempada.
Descenso: 5 últimos
Equipos - 2ª División
Equipos do ano anterior que non conseguiran o ascenso + 5 equipos descendidos de primeira + novas inscricións.
En caso de inscribirse máis de 55 equipos crearíase unha terceira división.
Ascenso: 5 primeiros
-
GLOBAL Ranking
Clasificación histórica individual do Circuíto Correr en Galicia con tódolos corredores inscritos no Circuíto dende a edición 2009-10 sen importar divisións. A clasificación se fará sumando tódolos puntos obtidos dende o 8 de novembro de 2009.
Toda a información para inscribirte a tes na sección Inscricións.
-
INCIDENCIAS E RECLAMACIÓNS.
Tódalas incidencias deberán exporse no fío de Incidencias do foro oficial do Circuíto 2010-2011
Se un participante non aparece nunha clasificación por un erro na cronometraxe:
- Debe porse en contacto coa organización da proba para corrixir o erro.
- Se isto non resolve o tema, fará unha entrada no fío de Incidencias indicando de que carreira se trata e si ten probas gráficas ou testemuñas da súa participación.
A testemuña non pode pertencer ó mesmo equipo/parella e DEBE facer unha entrada no fío de Incidencias para corroborar a participación.
- Unha vez valorado isto, se lle outorgará a puntuación mínima correspondente ó coeficiente da proba salvo que a proba gráfica deixe constancia da chegada á meta e o posto/tempo realizado; caso no que, se valorará a corrección manual da clasificación para conceder os puntos correspondentes.
- DESCALIFICACIÓNS
Se algún corredor falsea os seus datos de inscrición nalgunha das probas incluídas ou é sorprendido correndo por outro participante perderá todos os puntos da tempada e non poderá seguir enviando resultados.
- OUTROS
Todo o non previsto neste REGULAMENTO resolverase segundo o criterio dos administradores e colaboradores do Circuíto.
Circuíto Correr en Galicia 2011-12