
Cómo inscribirse
Individual, parellas e equipos
A inscrición no Circuíto Galego de Carreiras Populares 2011-12 é gratuita en calquera das súas modalidades. Enderezo electrónico para inscricións ou consultas:

-
INDIVIDUAL. Inscripción individual no Circuíto 2010-11.
Prazo de inscrición: do 2 de setembro ao 14 de outubro de 2011.
Se é a túa primeira participación indica no asunto da mensaxe:
"Nova inscrición"
Se participaches na edición anterior e non queres cambiar ningún dato, manda un email só co asunto "O teu nick + repito inscrición".
Envía un email cos seguintes datos:
Nick | O teu apodo para as clasificacións |
Nome | O teu nome real |
Apelidos | Os teus apelidos |
Permiso de publicación | SI / NON |
Data de nacemento | Día, mes e ano |
Categoría | Masculina ou feminina |
Idioma | GALEGO / ESPAÑOL |
Localidade | Lugar de residencia ou nacemento |
Provincia | Provincia de residencia ou nacemento |
Email | Para contactar |
Teléfono | Para contactar |
Non se admitirán inscricións fóra de prazo ou se falta algún dato.
Podes comproba a túa inscrición no listado de incritos, se pasados un par de días non apareces na lista, contacta con nós.
IMPORTANTE. Sobre o permiso de publicación as dúas opcións son:
SI. Das o teu permiso para que se publique o teu nome e apelidos reais na clasificación do Circuíto (como en calquera carreira) e nas notas de prensa que se envíen aos diferentes medios de comunicación (revistas, xornais, blogs, radio e televisión).
NON. Nas clasificacións e comunicacións públicas só aparecerás co teu nick.
-
PARELLAS. Inscrición de parellas:
Prazo de inscrición: do 2 de setembro ao 14 de outubro de 2011.
Se queres sumar puntos cun amigo para a clasificación por parellas, só tedes que enviar un email (os dous) cos vosos nicks ao noso email. As parellas poden ser mixtas.
Tamén podedes inscribiros a través do foro: Inscribir unha parella
-
EQUIPOS. Inscrición de equipos:
Prazo de inscrición: do 2 de setembro ao 14 de outubro de 2011.
Os equipos estarán formados por 5 corredores (1 capitán + 4 compoñentes) e poden ser mixtos. Para conservar a división e o nome do ano anterior é preciso que repitan alomenos 3 dos antigos compoñentes.
A inscrición realízarase por parte do capitán a través do email ou no foro: Inscribir un equipo
Moitas grazas por participar, disfrutade das carreiras e benvidos á competición.
Circuíto Correr en Galicia 2011-12