Benvidos ao Circuíto Correr en Galicia
Tempada 2011-12
Benvidos ao Circuíto Galego de Carreiras Populares 2011-12. Despois do éxito da tempada pasada con máis de 600 inscritos e 125 carreiras puntuables o primeiro é agradecer a tódolos participantes e organizadores o seu apoio incondicional ao proxecto, facéndoo medrar ata onde agora estamos.
Moitas grazas a todos, sen vós isto non sería posible.
Este ano a competición irá dende setembro de 2011 ata xuño de 2012. Se es novo por aquí, invitámoste a ler o regulamento da competición para facerte unha idea de que vai isto, un circuíto de carreiras onde gaña o máis constante é non o máis rápido. Tamén podes pasar polo foro oficial para coñecer a outros corredores ou facer o teu propio equipo.
Para os máis "veteráns" nesto do Circuíto estas son as principais novidades:
Sempre que o precises, podes poñerte en contacto con nós para achegarnos as túas suxestións e/ou comentarios.
Boa sorte a todos e que as lesións vos respeten.
Circuíto Correr en Galicia 2011-12