
Cómo inscribirse
En individual, parellas e equipos
A inscrición no Circuíto Galego de Carreiras Populares 2010-11, Gran Premio Correr en Galicia é gratuita en calquera das súas modalidades.
Email para as inscricións ou consultas:
-
INDIVIDUAL. Inscripción individual no Circuíto 2010-11.
Prazo de inscrición: do 3 de setembro ao 15 de outubro de 2010.
Se é a túa primeira participación indica "Nova inscrición".
Se participaches na edición anterior e non queres cambiar ningún dato, manda un email só co asunto "O teu nick + repito inscrición".
Envíanos un email cos seguintes datos:
Nick
Nome
Apelidos
Permiso de publicación
Data de nacemento
Categoría
Idioma
Localidade
Provincia
Email
Teléfono
|
O teu apodo para as clasificacións
O teu nome real
Os teus apelidos
SI / NON
Día, mes e ano
Masculina ou feminina
GALEGO / ESPAÑOL
Lugar de residencia ou nacemento
Provincia de residencia ou nacemento
Para contactar
Para contactar
|
Non se admitirán inscricións fóra de prazo ou se falta algún dato.
Se pasados un par de días non recibiches o correo de confirmación, comproba a túa inscrición no listado de incritos.
IMPORTANTE. Sobre o permiso de publicación as dúas opcións son:
SI. Das o teu permiso para que se publique o teu nome e apelidos reais na clasificación do Circuíto (como en calquera carreira) e nas notas de prensa que se envíen aos diferentes medios de comunicación (revistas, xornais, blogs, radio e televisión).
NON. Nas clasificacións e comunicacións públicas só aparecerás co teu nick.
-
PARELLAS. Inscrición de parellas:
Prazo de inscrición: do 3 de setembro ao 15 de outubro de 2010.
Se queres sumar puntos cun amigo para a clasificación por parellas, só tedes que enviar un email (os dous) cos vosos nicks ao noso email. As parellas poden ser mixtas.
Tamén podedes inscribiros a través do foro: Inscribir unha parella
-
EQUIPOS. Inscrición de equipos:
Prazo de inscrición: do 3 de setembro ao 15 de outubro de 2010.
Os equipos estarán formados por 5 corredores (1 capitán + 4 compoñentes) e poden ser mixtos. Para conservar a división e o nome do ano anterior é preciso que repitan alomenos 3 dos antigos compoñentes.
A inscrición realízarase por parte do capitán a través do email ou no foro: Inscribir un equipo
Moitas grazas por participar e benvidos ao Circuíto 2010-11.
Circuíto Galego de Carreiras Populares 2010-11
Gran Premio Correr en Galicia