Logo Correr en Galicia
#22.094
Correndo por toda Galicia



En breve toda a información da nova tempada do Circuíto, a 2019-20

Info


Clasificacións

Ao inscribirte no Circuíto podes participar en varias divisións: individual, por parellas, por equipos e a división propia da túa localidade.

Se envías puntos de probas de montaña, tamén sumarás para a clasificación de montaña.

Calendario

As probas puntuables inclúense a medida cos organizadores o solicitan. Non entran todas as do calendario de Correr en Galicia.

Se ves que falta algunha e che interesa que sexa puntuble, axúdanos e contacta co organizador para que a incluamos.

Participa

Por riba da propia competición en si, neste xogo do Circuíto valoramos o compañerismo e as ganas de pasalo ben facendo novas amizades.

Por iso invitámosche a apuntarte nas modalidades de parellas e equipos, e a participar de xeito activo no foro.

De interese


O Circuíto Correr en Galicia é unha competición onde sumas puntos en cada carreira que participas. Valórase máis a constancia ca velocidade e, polo tanto, podes chegar ao máis alto da clasificación aínda que non gañes ningunha proba.

A inscrición é única e podes participar no Circuíto de ruta ou de montaña. A clasificación de ruta ten 3 divisións e a de montaña só unha.

Para facelo aínda máis divertido tes a posibilidade de competir por parellas e por equipos. Só tes que buscar un compañeir@ para facer parella e 5 amig@s para completar un equipos de 6 membros.

Este proxecto está realizado e mantido pola comunidade de corredores de Correr en Galicia.