Circuíto Correr en Galicia 2013-14

Reserva a túa praza

Para inscricións e consultas:
Enderezo electrónico

Individual

¿Queres participar nesta viaxe? Colle a túa mochila e acompáñanos.

Repetir inscrición
Envía un correo co asunto "O teu nick + Repito inscrición"
¿Queres cambiar o nick? "Nick antigo + Repito inscrición + Novo nick"

Novas inscricións
Envía un email co asunto "Nova inscrición" e os seguintes datos:

NickApodo para as clasificacións
NomeNome real
ApelidosOs teus apelidos
Permiso de publicaciónSI / NON
Data de nacementoDía, mes e ano
CategoríaMasculina ou feminina
IdiomaGALEGO / ESPAÑOL
Localidade-
Provincia-
EmailContacto
TeléfonoContacto

Non se admitirán inscricións se falta algún dato.

Podes comproba a túa inscrición no listado de incritos. Se pasados un par de días non apareces na lista, contacta con nós.

Sobre o permiso de publicación as dúas opcións son:

  • SI. Das o teu permiso para que se publique o teu nome e apelidos reais na clasificación do Circuíto (como en calquera carreira).
  • NON. Nas clasificacións e comunicacións públicas só aparecerás co teu nick.

Parellas

Prazo de inscrición: ata o 18 de novembro de 2013.

Se queres sumar puntos xunto a un amigo ou amiga para a clasificación por parellas do Circuíto de Ruta, os dous tedes que enviar un correo cos vosos nicks. Hai unha clasificación de parellas conxunta e unha clasificación de parellas mixtas (home + muller). Só podes ter unha parella.

Tamén podedes deixar unha mensaxe neste tema do foro: Inscribir unha parella

Equipos

Prazo de inscrición: ata o 18 de novembro de 2013.

Os equipos do Circuíto estarán formados por 6 corredores (1 capitán + 5 compoñentes) e poden ser mixtos. Para conservar a división e o nome do ano anterior é preciso que repitan alomenos 3 dos antigos compoñentes. Para a clasificación colleranse as 5 mellores puntuacións en cada momento da tempada.

O capitán deberá enviar un correo cos nicks dos xogadores que forman o equipo .

Tamén pode apuntar ao equipo neste tema do foro: Inscribir un equipo

Tarifa da viaxe

As prazas son gratuítas, pero agradecemos unha doazón para garantir a continuidade do proxecto.

Estas doazóns servirán para cubrir os custos técnicos:

  • Hosting de servidores
  • Deseño e programación da web
  • Gastos de telefonía
  • Renovación de dominios
  • Envío de boletines

A doazón pode ser de 5 ou 10 euros a través de Paypal. Moitas grazas pola túa colaboración. Se non queres usar Paypal mándanos un correo.



Moitas grazas por participar e desfrutade das carreiras e o xogo.

Circuíto Correr en Galicia 2013-14