Puntuación carreiras

Sistema de puntuación
Como se conseguen os puntos no Circuíto

Todo participante que chegue a meta nunha carreira puntuable acada unha puntuación mínima que varía segundo a distancia da proba.

  • Para sumar puntos tes que ir a sección Enviar posto, seleccionar a proba en que participaches, escribir o teu posto de chegada e envialo.
  • Na mesma sección atoparás os enlaces as clasificacións oficiais facilitadas polos organizadores, onde poderás buscar o teu posto de chegada.


  • A puntuación obtida calcúlase en función da distancia da proba, o teu posto de chegada e o número de participantes, segundo a seguinte fórmula:

    Fórmula

    O valor do coeficiente varía segundo a distancia da proba. Este coeficiente verase incrementado entre + 0,25 e +2 se a proba é de monte ou montaña.

    As probas non competitivas (solidarias, benéficas...) darán o mesmo número de puntos a todos os chegados a meta (do 1º ao último).

    Coeficientes das principais carreiras:

    Distancia (en km)NormalMonteMontaña
    Menos de 611,251,5
    De 6 a menos de 91,251,51,75
    De 9 a menos de 111,51,752
    De 11 a menos de 141,752,252,5
    Medio maratón2,53,253,5
    Maratón567

    Carreiras de Monte: Carreiras que transcurran nun 80% por superficies non-asfalto/cemento.

    Carreiras de Montaña: Carreiras que cumprindo o anterior ademais teñen mais de 20 km e 1.000 m de ascenso acumulado ou, sen cumprir o criterio de monte, teñen mais de 60 m de pendente acumulada por kilometro de percorrido.

    Táboa completa de coeficientes:

    Distancia (en km)NormalMonteMontaña
    Menos de 611,251,5
    De 6 a menos de 91,251,51,75
    De 9 a menos de 111,51,752
    De 11 a menos de 141,752,252,5
    De 14 a menos de 1722,52,75
    De 17 a menos de 202,252,753
    De 20 a menos de 22 (MM)2,53,253,5
    De 22 a menos de 242,753,53,75
    De 24 a menos de 2633,754
    De 26 a menos de 283,2544,5
    De 28 a menos de 303,54,254,75
    De 30 a menos de 323,754,55
    De 32 a menos de 34455,5
    De 34 a menos de 364,255,255,75
    De 36 a menos de 384,55,56,25
    De 38 a menos de 404,755,756,5
    De 40 a Maratón567

19/11/2017
Hoxe é o cumpreanos de Agpardo, Duartenova e MapleLeafs. Felicidades!!!


Desarrollado para Correr en Galicia | Ao principio da páxina
0.014