O Circuíto 2009-10
Benvidos ao Circuíto Galego de Carreiras Populares
O Circuíto Galego de Carreiras Populares, Gran Premio Correr en Galicia, quere darlle a benvida a todos aqueles atletas que disfruten e comparten a sana afición de correr a este espazo da Internet que nos une arredor das carreiras populares.

  • Nesta web poderás atopar toda a información sobre o Circuíto Correr en Galicia, unha competición posta en marcha no ano 2006 por Kandpalleiro a través dun pequeno foro chamado Correr en Galicia. Daquela pouco máis de 50 corredores animáronse a participar nunha iniciativa pioneira na nosa comunidade e que xuntou nunha mesma liga a moitas das carreiras do país.
  • Despois de pasar por "unha travesía no deserto" nos anos 2007 e 2008, onde a falta de tempo e recursos impediron rematar con éxito unha tempada completa, o Circuíto 2008-09 significou o paso adiante definitivo cun novo sistema de xestión que superou tódalas expectativas, contando co apoio dos corredores populares e chegando a cifras non vista ata ese momento:

    - máis de 300 inscritos na categoría individual
    - 32 parellas
    - 20 equipos
    - e case 100 carreiras ao longo de 12 meses.

    Deste xeito converteuse na 2ª competición en España por número de carreiras puntuables e deixando o listón moi alto para vindeiras edicións.
  • Na tempada 2009-10 esperamos mellorar non só as cifras de participación, senón retificar os erros cometidos no pasado para que o Circuíto sexa aínda mellor e un lugar de encontro, sana competencia entre compañeiros e un xeito de compartir ilusións, quilómetros e carreiras.
Boa sorte a todos e que disfrutedes desta nova andaina,

Circuíto Galego de Carreiras Populares 2009-10
Gran Premio Correr en Galicia




 
0.003