Inscrición
Cómo inscribirse
En individual, parellas e equipos
A inscrición no Circuíto Galego de Carreiras Populares 2009-10, Gran Premio Correr en Galicia é gratuita en calquera das súas modalidades.

  • CORREDORES. Inscripción individual no Circuíto 2009-10.
    Prazo de inscrición: do 26 de outubro ao 30 de novembro de 2009.

    Envíanos un correo cos seguintes datos ao email que atoparás ao final desta páxina:

    Nick
    Nome
    Apelidos
    Permiso de publicación
    Data de nacemento
    Categoría
    Idioma
    Localidade
    Provincia
    Email
    Teléfono
    O teu apodo para as clasificacións
    O teu nome real
    Os teus apelidos
    SI / NON
    Día, mes e ano
    Masculina ou feminina
    GALEGO / ESPAÑOL
    Lugar de residencia ou nacemento
    Provincia de residencia ou nacemento
    Para contactar
    Para contactar

    Non se admitirán inscricións fóra de prazo ou se falta algún dato.
    Se pasados un par de días non recibiches o correo de confirmación, comproba a túa inscrición no listado de incritos.

    IMPORTANTE. Sobre o permiso de publicación as dúas opcións son:

    SI. Das o teu permiso para que se publique o teu nome e apelidos reais na clasificación do Circuíto (como en calquera carreira) e nas notas de prensa que se envíen aos diferentes medios de comunicación (revistas, xornais, blogs, radio e televisión).

    NON. Nas clasificacións e comunicacións públicas só aparecerás co teu nick.
  • PARELLAS. Inscrición de parellas:
    Prazo de inscrición: do 26 de outubro ao 30 de novembro de 2009.

    Se queres sumar puntos cun amigo para a clasificación por parellas, só tedes que enviar un email (os dous) cos vosos nicks ao noso email. As parellas poden ser mixtas.

    Tamén podesde inscribiros a través do foro: Inscribir unha parella
  • EQUIPOS. Inscrición de equipos:
    Prazo de inscrición: do 26 de outubro ao 30 de novembro de 2009.

    Os equipos estarán formados por 5 corredores (1 capitán + 4) e poden ser mixtos. Non é preciso que sexan equipos federados.

    A inscrición realízarase a través do email ou o foro: Inscribir un equipo

    Moitas grazas por participar e benvidos ao Circuíto Galego 2009-10.

Para enviar as inscricións ou aclarar dúbidas: Correo





 
0.003